Manuel Vilanova
Manuel Vilanova Rodríguez (Barbantes, parroquia de Pungín, 1944) es un escritor español.
Estudió Filología románica en la Universidad de Santiago de Compostela y se doctoró en la Universidad de Madrid con una tesis sobre Luis Cernuda. Comenzó escribiendo en español, pero pronto se decidió por el gallego con el libro inédito A tarde chaia de verán (1979). Como poeta está considerado como uno de los que marcó el cambio de la literatura del realismo social a la preocupación más esteticista de los años ochenta. En 2008 ejercía como profesor de Lengua y Literatura gallega en Vigo.
Obra
Poesía
E direi-vos eu do mister das cobras (1980).
A lenda das árbores de prata (1985). Premio de la Crítica de Galicia.
A esmeralda branca (2006). Premio de la Crítica de poesía gallega.
Narrativa
A palloza
Preciosa púrpura
Viene en el aire un aire de abismada soledad y
lluvia lentamente
y en el aire un río de nubes llevadas por el viento
que son ya de la somnolienta primavera, esa época del
año y de la dulzura en que surgen los suicidios
en la que tardes tienen un aire a hierba y
soledad lentamente,
las tardes tienen un río vegetal como un murmurio de lírica
lejana,
y encinas nevadas,
y en el aire de la soledad se vuelven entre los murmullos de la
hierba
las cabezas de los degollados
Devaneiros
y después llevados van como un río llevado por el viento
que tiene un aire de rasgada soledad, lluvia en la que un
río
vegetal va
con los recortes amargos de la vida
muy lentamente.
Prezada púrpura
Ven no ar un ar de abismada soledade e
chuiva lentamente
e no ar hai un rio de nubes levadas polo vento
que son xa da sonolenta primavera, esa época do ano e da
dulzura na que xurden os
suicídios, na que as tardes teñen un ar a erba e
soledade lentamente,
as tardes teñen un rio vexetal como un murmúrio, de lírica
lonxana,
e xenxivas nevoentas,
e no ar de soledade volven-se entre os murmúrios da
erva as cabezas dos degolados Devanceiros
e despois levados van como un rio levado polo vento
que ten un ar de esgazada soledade, chuiva na que un
rio
vexetal
vai cos recortes amargos da
vida moi lentamente.
Enredos
A uns dez quilómetros de Ourense, pola vella estrada de Vigo,
onde quedaron tantas cousas enterradas:
noites con cometas de ouro, o lembrar do cabelo da Moura, cheo de estrelas,
os ollos grises da Meiga, cor de auga do encoro,
rosas escondidas nas prístinas árbores.
A dez quilómetros de Ourense, está Untes, onde baixo un sol de xustiza,
as cousas repousan sosegadas: ás costas dunha rapariga
retallos de hortas aglomeradas, como se só ese fose o seu destino.
Soben risos dende o Miño e arrincan de min
todo o que é sensible, repenan e doen estas terras
vellas, inocentes, fortes. Hai unha lixeira brisa
entre a luz xeométrica do quince de San Xoán. Están pechados
os grandes portóns, as poucas nubes semellan
pedras desfeitas, hai cans de garda nos xardíns
que lle ladran ás cousas como se as cousas non fosen un soño.
En que trono dispuxeron esta terra que me curva?
Por que co seu sorriso cálido as terras de Untes
son as estreas onde maduran as cerdeiras?,
como se tivesen o sexo do polen enlouquecido.
Ás veces, polo marzal, xa están as fontes
adornadas con cereixas. E aínda alí
a calor debe ser un regazo
pois é o primeiro lugar do Ribeiro –e manteñan este segredo fechado–
onde colleitan o viño. E o viño tórnase de repente tan real
que pon nos ollos os incendios necesarios.
Quizais sexa este un bo lugar
para esperar a morte
ou para que nesta grave xeografía,
chea de calor e silencio,
voe libre e coidando
este poema argallado en Untes,
feito co cálido pensamento das súas terras
e a substancia dos cans,
abraiados de calor.
Un resplandor en cada val
....e un día, despois do Lume Novo, cando xa levaban tempo
frías e dispersas as fogueiras, esfumárase
todo o que aquela noite fora suxestión. Non restaban senón cinzas
e algún material queimado, semienterrado no chan
que, de forza, considerariamos infernal.
Aquela noite permanecín encerrado na miña torre;
nun miradoiro en oxiva até o que ascendía
un vellísimo rosal, que rubía tal se precisase axuda das paredes.
Até alí chegábame a brisa dos loureiros, dos piñeiros
sempre co seu queixume de ánimas, dos castiñeiros,
coas súas grandes copas altas, esféricas, tan ramosas
e densas. Poderiamos dicir que algo así coma un sangue vello
me arrolaba, alagábame máis que a Moura
anegábame como a Meiga.
Ollara os lumes estendéndose polo val, dous ou tres
en cada praza chea de plátanos, (fuxían os gorrións),
un diante de cada casa, un resplandor en cada val do val,
escintilaban as fogaxes, en cada barca un facho,
un en cada porto, e había máis de vinte, como beixos;
e un clamor impenetrable de fogueira consumíndose
subía dende cada unha das cen fotalezas da terra de Castela.
Esa noite –lembraba entre as cinzas– vivín
a gloria antiga e íntima da hospitalidade dela:
os seus labios entreabríronse, os ollos brillaron
un pouco máis. Era unha sombra de sorriso,
unha pequena mudanza de expresión.
Vin aqueles ollos limpos de doncela, como esmeralda,
como opio. Fora entón o mundo feito de cores,
músicas, silencios, odor. Como a min, cando neno,
e chegaba o verán, galopaba o lume polos vales, o lume novo,
polas encostas máis suaves, trepaba as árbores,
corría tras as bolboretas nocturnas,
ás que chamaban as lumieiras como nos chaman a nós as faíscas
de algo que sen ser amor é peor que o amor,
e que arrrola no sangue vello.
Peregrino de ollos solitarios
É tamén unha imaxe da condición humana.
Eu, inquedo, espío por se xorden os anxos do exterminio.
Miro para os cegos para ver se son de verdade.
Xullo, amais de festas, procesións, e os nosos santos preferidos
está cheo de incendios, péganlle lume aos montes
e semella que o fogo vai permancecer sempre sobre o mundo.
Quedamos atordados e como mortos, estremecidos co estrondo,
abouxados polos hidroavións, ou o que sexa: esa imaxe
case sempre amarela, filla da espuma, unha atrocidade
–fermosa de máis– que fai que os anxos non baixen ás igrexas
que as meigas se poñan de pé, que os cegos vexan,
chacotéase de nós, irrisorios, o hidroavión poderoso.
Se por acaso amasedes nas tardes
unha enxurrada de martelos, serras, desespero
derrubarase sobre os vosos corpos vibrando,
o esforzo viril do amor –polo hidroavión poderoso–
para vós será sempre unha agonía.
Por sorte, aos lectores e á xente de a pé
aínda nos restan a Virxe do Carme no mar e nas ondas
e o Señor Santiago, peregrino de ollos solitarios,
amor doutro amor,
como a condición humana.
Configuración
Penso, Amor, en ti, nesta terra de ninguén e de todos
que é o fin da primavera e o principio do verán.
Penso nos teus brazos risoños de Meiga na mañá,
como me concedes só brevemente e por un breve instante
o teu corpo. Meiga visitada de memorias,
misterio a cada paso, soño de anxo,
zumba na cabeza un murmurio de abellas,
unha imaxe púrpura: a túa percepción.
A túa presenza coma un anxo necesario,
o pracer preciso de poboar con xemidos a outra marxe da noite,
que nome argallaremos para as estrelas,
para os homes que van vir despois de nós, e que van vivir con nós
na gruta, na cova, na terraza, no tempo,
nas mañás rumorosas, nas rúas da cidade
chea de seres chorando, inferiores
á miseria, cos ollos de limo,
como se saísen dun río,
e quixesen ensinar
todo o seu pasado,
vivir das imaxes, como un desexo astral
e ser longamente como a terra,
montañas e ríos,
na bocarribeira dos meus poemas.
Penso, Amor, en ti
nesta terra de todos,
e adiviño un corazón á espera.
Tebras
I
Foi o Toco unha alma triste, envolta en si mesma.
Unha desolada paisaxe interior abranguíalle
os ollos. Era un son subterráneo e levaba
cilicios por dentro das palabras que dicía.
Baixo o seu manto sentía a humidade
suspensa no ar, cheiraba a fondas tebras.
Sucio, con ulidos do chan
pois durmía no pousadoiro. Asceta
de longa cabeleira, creaba da nada
grandes poemas a partir da nada.
A pel morena e os cabelos negros, anelados.
Veu a enredarnos a vida. A nós, que viviamos felices
en torno a un río ardente que embocaba un mar sagrado.
Dicía axiomas como “Non podemos saber nada de nós mesmos”.
Cansaba o brazo de poñelo en cruz.
Escoitábase a súa voz no silencio das naves
como un cicel. Absorto nun cismar sen fin:
xa que era profeta tiña visións ao lonxe,
esgazabannos de remorsos. Renxían os carros ao pasar
e soltábase a si mesmo ao camiño,
acocorábase no chan, e a medida que regresaban os homes
a casa para descansaren de dura loita diúrna,
espetáballes: “Comezade a filosofar. A linguaxe é un metro do pensamento.”
Nunca soubemos moi ben que facía por estas terras
o Toco de Francia. A paisaxe que se estendía
diante de si tornábase máis escura
a medida que o día clarexaba.
II
Sulpicio Severo, Orosio e Itacio destramaron a pedradas
a súa tese de que en cada unha das catro esquinas do mundo
había un anxo que nos vixiaba.
Houbo un tempo no que o Manco Namoreiro
fora un mozo pálido, a pel morena
e os cabelos negros. Comezou a predicar no Ribeiro máis naif
arredor do 370. O seu rostro, de trazos irregulares,
estaba marcado por sucos profundos,
lembraba un outeiro cruzado de ríos secos.
Toda a vida se lle concentraba no escarnio
e parecía un alleado, nun éxtase secreto.
Quizais foi de boa familia e con todo tivo algúns acertos
–malia que non viaxou a Oriente para completar a súa educación–,
“O corpo debe tornarse etílico”, dicía. E impresionaba
o dominio absoluto que as súas ideas
impuñan á carne, onde residía temporariamente.
Incorporou a súa relixión o fulgor das nosas crenzas neolíticas,
que a nós nos subían até a garganta
como a música de cámara de Beethoven, os seus cuartetos.
Sobre os pasos esquecidos da vida o moi venerable
Namoreiro apareceu lapidado (e furamarento)
no recanto máis occidental do Ribeiro disxuntivo.
Levámolo nun carro de bois até a Cova da Moura
xa que o declararon herexe.
Alí iniciamos o fondo xardín
do Panteón dos desatinos.
Cool
I
Ditoso quen se parte para ti, renovado símbolo,
Meiga das agrestes festas.
Hai algures no meu corpo
unha extraordinaria afinidade
entre a crista das inúmeras ondas da ría,
e o vello areal de Coia, a vella horta,
e a inmensa gloria da túa saliva que me leva
quente e cristalina,
que me pode dar o don máis grande.
Meiga esvelta e lenta das agrestes festas,
nos teus longos cabelos sen rigor
son preso nunha cova (como can sen dono),
a miña carne renxe, pálpebras fechadas, mans de cera,
–que a miña mente a fantasiar se poña–,
crece o ritmo da miña respiración, tremen bandeiras,
o pulso báteme cada vez máis ás présas,
as Meigas ergueran murallas de cores variadas
entre as cañas cheas de rosada
coma un refrán
as aves acóllense nos bosques da costa,
enrestrarei o millo, voltarei á auga.
Forma puntas ou bicos, especialmente o mar
coma un refrán (ou pensamento)
cando está picado (ou movido) na ría de Vigo.
É sono sereno de paz e sosego, perfectamente pobre
o meu navío solitario ao partir na alba
soño de música e repouso da alma cíclica
nos días de inverno. Láudano é a ría.
Vóltome para sentir alas amplas de paz, que prenden na cabeza
razoar de amor,
de vela branca os meus bicos leves.
II
A súa beleza somérxeme, muda a vida
abura, abicorna, acadarma,
arias, ritornelli, sinfonías,
coros, dialogar monólogos de bébedo,
a túa beleza submerxe no máis fondo de min.
É posible que morra dun momento para outro.
Xa que todo é algo máis que palabras.
Navío solitario, naufraxio,
cubrireite con mares esquecidos,
escuma, diamantes,
e brancas esmeraldas, Meiga das agrestes festas.
Desde os pés da cama até aquí a cabeceira
a vasta sede de meiga,
a extraordinaria afinidade no recanto
entre as mulleres e os cabalos brancos (que pastan nas nubes).
Leve acedía de Beefeater,
a xenebra desfacendo o limón.
Marcha ela con graos nas súas obras, como a ría.
A Meiga que me fai, anda descalza.
Como se fosen eternos
Os días van correndo como unha melodía á espera
deste momento puro co fogo dos pomares
que nos amolece, Miña Meiga é a irrupción
de amor, na nosa terraza en Vigo. É unha terraza no ocaso da casa
cunha varanda circular baixo o sol do mar, propósito de eternidade,
vela dos ventos, máxica beleza
para defendernos da morte con dedos de ría e sol.
Toma o seu tamaño e altura á vontade. Leva estas terras todas
presas e pegadas na memoria
de tal xeito que ás veces parece losquear o ceo, (a varanda, a terraza, a casa,
[a cidade)
coas súa vellas rúas de sobriedade medieval.
Alí a vida non pesa, alí a vida non pesa tanto,
as vellas varandas de ferro batido e de madeira,
a miña Meiga, cos ollos atados na luz,
vóanlle ás nubes, as poucas pombas que voan pola Ría
evidencian o verdadeiro desexo da beleza
como unha barca de vela. Escorre
entre os dous o ruído quente dos corazóns, fixa na alma
escorre, como augas-fortes, a ácido
disolvidos en amor, disolvidos en amigo,
as terras do litoral.
Alí está o noso fado de ter nome,
e ollos máxicos.
Só con pronunciar o nome da Meiga
é alto mar nas praias, nas terrazas
énchenseme os labios co círculo completo
de Deus e ao redondo,
unha luz tépeda. A suor núa dela
enche todo de raíz de ouro e po celeste,
todo é vella estrada.
E non queremos que ninguén
se sente á nosa mesa,
fechado con memorias.
Dicionario de amor
Vexo a Meiga, louco amor meu. Acaba a rúa
que me espía do fondo da noite,
vexo a estrela polar no silencio,
busco no seu rostro as sílabas da palabra esposa
escondida baixo os cipreses enleada
da misericordia e paz, orballada
de bágoas e felicidade. En dous labios as vellísimas tallas das palabras,
un sorriso aberto, a miña alma
de tanto soñarte anda perdida.
Os amados corazóns agrándanse
e ti xa es o sol, a lúa, a noite e o día,
a orde cósmica. Se me prendes os brazos
résgasme o lugar do espírito,
se me colles as mans
a terra esmágase.
Curará neste mundo as miñas chagas
co impulso de aberto dicionario de amor que te impele,
e endexamais, ao teu abrigo,
cousa algunha voltará
a ser tempo adulterado, voltará
a ser breve naquel amargo,
especial e solitario
porvir da túa ausencia
Aquela idade das quimeras
As pinturas foran aparecendo na mesa do tempo,
unha tras outra, sen saberen moi ben quen era o autor,
sen saber nada da materia espesa, enluarada,
na que os pinceis se empastelaron con enxeño espléndido.
Fora xeral o rumor que eran os deuses monstruosos
os que se ouvían máis nas grutas, nas pinturas.
Na prístina pedra deixaban o seu beixo cubicado.
Prendían lume dentro das covas ás silvas douradas,
ás ponlas dos piñeiros, toxos, albedros e toda caste de inocentes anxos
da madeira (desde os duros chopos aos carballos máis nodosos e retortos
que entón había nas variegadas selvas).
Chegara a Meiga de maio a aquela idade das quimeras
e un día tras o verdor dos espiños, no anzol do pintorlado
coñeceu máis mundos na mente
dos que ela propia descubrira. Os homes pintores
eran esqueletos andantes, esqueletos andantes
doutra seita que bebían sangue e comían calquera cousa camiñante
que lles caía logo. Gozaban a manía de encambar
as cabezas de uns nos corpos dos outros.
Xantaban gaxos de nenos de pouca vida e na onda feroz, no anzol
da fame atropelada engulían un home en cinco minutos.
Gababan uns dentes cumpridos que os socorrían
a furar os ósos. Os dentes nacéranlle por hospedaren
xa moita práctica. Só conseguían durmir sen pesadelos
cando estaban ben atestados de ósos, sangue e polpa infantil.
Dicían palabras máxicas antes de encetar a pintar
cousas aburdas nas rochas. Palabras novas, fluídas, sinxelas,
incertas. E despois pintaban ou soñaban nas paredes encantamentos
como un eco vago das nosas vidas que se desfan en brisa,
que se perden entre a escuridade e a luz
das nosas orixes esvaídas. Unha cabeza sen corpo.
Dúas cabezas
unha tras da outra. Unha soa cabeza sen veo
ía diante de dúas cabezas que chegaban berrando
como a sombra das aves.
Unha perna escollía un corpo que xa usaba catro pernas.
Tres cornos apousentábanse nunha caveira
que xa procreara outras tres. Aqueles esqueletos
foradaban as cochas soamente co seu ollar baril.
Raios fulminantes saían da mirada
que zumbaba fortemente. Cando despois de moitos días,
trémulos ante o perigo dunha tempestade
que caeu rexa sobre as augas tranquilas e azuladas
fuxiran da nosa existencia, houbo novos mundos a gañar.
E os nosos corpos sentiron a revolta. Revolvémonos
contra a nosa vida impávida e serena. Sentimos
vontade de berrar. Aquelas pinturas deseñáronnos
con tanto agarimo como o sol.
Eles tiñan razón nas súas formas.
As máis loucas estremeceron ao meu lado,
nos pesadelos, sen que eu dixese nada.
Se eu fose unha daquelas pinturas
talvez sentiría o desalento
de vivir comigo, entre a sombra
de tanto xesto sen tenrura.
.