Quantcast
Channel: POETAS SIGLO XXI - ANTOLOGIA MUNDIAL + 20.000 POETAS: Editor: Fernando Sabido Sánchez #Poesía
Viewing all articles
Browse latest Browse all 7276

ELVIRA RIBEIRO TOBÍO [18.717]

$
0
0

Elvira Ribeiro Tobío

Nacida en Cerponzóns (Pontevedra) el 5 de mayo de 1971, es una poeta de Galicia.

Obras 

Poesía 

Andar ao leu (Colección Tambo, Deputación de Pontevedra , 2005 ).
Arxilosa (Colección Hipocampo Amigo, Litoral das Rías, 2005).
12 estampas sobre a cidade eo desexo (en Premio Faustino Rey Romero. 10 anos de poesía , Concello de Rianxo, 2008)
Biografía da Multitude (IEM, 2009, escrito xunto con Silvia Penas)
Sibeira, mon amour (en Grial nº 186, 2010)
carnia haikai (AC Caldeirón, 2012 ).
corpos transitivos (Edicións Fervenza, 2013 ).
playlist para unha retirada (pendente de publicación).

LITERATURA INFANTIL 

pAlAbrAs brAncAs ( Xerais , 2008 ). Con ilustracións de Fino Lorenzo .
As redes de Inés (Xerais, 2014 ). Con ilustracións de Fino Lorenzo.

Ensayo

Explora Pontevedra ( Ediciones Cumbre , 2008).

Narrativa 

Selección de relatos publicados na páxina da AELG

Antologías 

Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid , 2005)
Pontevedra literaria. Antoloxía de textos en homenaxe á Boa Vila (Concello de Pontevedra/Fundación CaixaGalicia, 2009)
Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010 )
Veinte puntos de fuga (El perro y la rana, Caracas, 2011)
Poetízate (Xerais, 2011)
Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra, 2013)
10 anos na porta (antoloxía d'A Porta Verde do Sétimo Andar, 2015)

Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid , 2005)
Pontevedra literaria. Antoloxía de textos en homenaxe á Boa Vila (Concello de Pontevedra/Fundación CaixaGalicia, 2009)
Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010 )
Veinte puntos de fuga (El perro y la rana, Caracas, 2011)
Poetízate (Xerais, 2011)
Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra, 2013)
10 anos na porta (antoloxía d'A Porta Verde do Sétimo Andar, 2015)

Premios

Premio Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) en 2003 , por Arxilosa .
Accésit no Premio Faustino Rey Romero ( Rianxo ) en 2004 , por 12 estampas sobre a cidade eo desexo .
Finalista do Premio Merlín en 2007, por pAlAbrAs brAncAs .
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil en 2008, por pAlAbrAs brAncAs .
Premio de poesía Victoriano Taibo en 2009, por Biografía da Multitude , escrito con Silvia Penas .
Certame de poesía erótica Illas Sisargas en 2011, por carnia haikai .
Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada en 2013 , por corpos transitivos .
Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro do Concello de Mondoñedo en 2015 , por playlist para unha retirada .


Siberia, mon amour (micropoemario publicado na revista Grial)
para Carina: o rescate

Ekaterimburgo

Aquí a cinco mil setecentos
sesenta e un quilómetros
da chuvia,
camiñar sobre o Iset xeado
pode ser un xeito inxenuo
de tripar a dureza que apurra
esta distancia desapiadada
Prospekt Lenina poder ser
máis cincenta que o Vigo
máis inhóspito e a metalurxia
cinguirse ao pé dos Urais
co mesmo sixilo que antano
as tribos de ugores
Aquí poden construírse saudades
dun lugar nomeado Casa Ipatiev un lugar
onde sobre o sangue corrompido
se erga un templo
de cúpulas douradas
Velaquí a porta da taiga
e do desterro.

____



Eu era un nómade dacabalo
dun reno e a taiga era a fraga
inabarcábel da nosa tribo agonizante
a fraga das carballas centenarias
era este bosque fechado de coníferas
e o xeo que aboia na codia negra
do Amur viñan sendo os restos de ramaxe
que o Ulla ofrece cando a enchente
reborda nas brañas de Laíño
Era unha nómade eu unha indíxena
nanai aínda non ameazada unha rena
altiva e resistente a ser domesticada
unha rena apareándose urrando
no bosque que estrema co río do dragón negro
parindo ergueita quecendo coa placenta
a chaira siberiana



Uelen

No extremo oriente neste anaco
escolleito pola tundra elixo
abrir a pel da morsa sobre a neve
envolverme na capa que deron
os seus intestinos dita ukkenchin
tallar os seus cairos puídos polas ondas
comer da súa carne sentir
o seu recendo coarse mesto entre as guedellas,
á beira do mar de Bering
no mar dos Chukchis na praia
dos seixos escollo como cómpre
ser falante de Chukoto
como cómpre a quen se randea
no bordo da extinción
ser falante de Chukoto
a lingua dos cazadores
de renos orgullosa lingua
do pobo verdadeiro escollo
ser falante de Chukoto




O rescate

I

Todo o que o exilio abeiraba canda si,
as cúpulas douradas ergueitas sobre o sangue,
o cincento da distancia, a metalurxia,
o desterro, a súa enchente a rebordar
en cada río xeado en que me vin,
a chaira, a taiga, a morsa sobre a neve,
unha friaxe baikal nos intestinos, a urxencia
con que acurrala o exterminio,
todo ese arrandearse entre o frío
e un frío aínda máis intenso,
a extinción en que aboia a nosa tribo,
a insistente hemorraxia de luz
ou de palabras
e un frío aínda máis intenso
que o da tundra


avista nesta hora a fenda da fuxida
o rescate



II

Tiña que ser unha man vinda
dun bosque de cidreiras
-que sempre están en flor nos meus soños-
cun coitelo afiado no silencio
para ensanchar as aberturas,
fender o frío izado, as coirazas,
cada unha das blindaxes que me cinguen.
Coma cun búmerang
ten que ser
unha man que me regrese
a outro punto de partida.
É.



III

Poderás soportar a travesía?
Porque fun aleitada en glaciares maiores
que os desta reclusión
no punto máis profundo do ollo azul.
O apego ás voces que esmorecen
venme dun lugar demasiado inhóspito
e as palabras dóbranseme en posición fetal.
Será seguro o escafandro
e a lancha de salvamento?
Terá o teu adival a forza suficiente?
Para as preguntas sen resposta
non hai cura nin narcótico,
pero cómpre aferrarse ao trelo
e deixar a greta negra sumirse no abandono
Poderás prolongar a primavera?



IV

De Vladivostok sempre cara ao occidente
tomo as cinsas do exilio
e estes campos xeados
por que son agora un edredón
de diamantes?
As frechas desertan da alxaba
afunden
afunden
desaparecen
A man do rescate tomo
e esta borralla nos pés
como pode ser agora
o xerme do amparo?
Tomo todo o que lembro
do alborozo
o mínimo resaibo aterecido
De Vladivostok sempre cara ao occidente
habemos chegar ao lugar da chuvia
á fraga centenaria das carballas
mais han xurdir noites de xeada
de cadorno e intemperie
noites de Panthera tigris altaica
as miñas fauces.



Regreso

El chamábase Siberia
e tiña ollos de gulag unllas
serradas contra as ruínas dun imperio
e o rigor da friúra do seu ventre
puña metal a par da carne
da nosa carne
A expulsión era o seu bico
de benvida e o seu adeus
El era a furia que acorda no xigante
el o afastamento
Chamábase Siberia,
mon amour:
a trabada da becha
é indelébel neste corpo
transiberiado.





Falarei na lingua de Maria Peres,
a Balteira,
musa prostibularia e tecedeira de cantigas coa quentura por
entre as coxas.
Falarei na lingua das irmandiñas que arrebolaron con forza
berros de liberación aos pais
da tiranía,
falarei bidueiro,
falarei croio,
sarabia, laxe, seara, burato, morno,
sistema de signos,
símbolo
da memoria que esmorece.
Falarei na lingua de Rosalía,
de Xaquina Trillo,
de María Mariño Carou,
a lingua renegada da meniña Carolina Otero violada
no camiño,
a lingua da miña avoa, canteira anónima,
arxina da Terra de Montes,
labradora de sucos na pedra de gra
e nas conciencias de todas as que soñaron ser amazonas
da linguaxe.
Para vós, meniñas de augamel,
mulleres en froita de madurecer,
falarán estes gromos de firmeza que me rebentan nos dentes
e son matas de arandeiras.
As palabras han ser xermolos nas miñas fillas e netas innumerábeis,
despois,
os meus ósos falarán na terra
para dar vida á terra
para dar nome á terra
e á prole que me xurdirá coa boca chea do poexo enchoupado nas brañas.


Andar ao leu, Ed. Tambo. 2005






.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 7276

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú



<script src="https://jsc.adskeeper.com/r/s/rssing.com.1596347.js" async> </script>