Filomena Dato Muruais
Nació en Ourense en el año 1856 murió en la Coruña en 1929.
Fue una de las escritoras más significativas de la literatura feminista de la segunda mitad del siglo XIX, no sólo por la amplitud denominada de su obra en lengua gallega, sino también por su faceta como oradora en varios foros en defensa de las mujeres. Galicia y la mujer son temas recurrentes en la obra de la autora ourensana. Su carrera literaria comenzó en 1891 con la publicación del libro Follatos. Se trata de un conjunto de cuarenta y cinco poemas, íntegramente en gallego. Esta obra comienza con el texto "Defensa de las mujeres" -exactamente el mismo título que el Discurso XVI del Teatro Crítico y Universal (1726-1740) del P. Feijóo- donde la autora desmonta los tópicos más frecuentes en su época sobre las mujeres, recurriendo a figuras como María Pita o Rosalía de Castro. En 1887 ganó con esta composición el certamen de poesía 'Ciudad de Ourense' en honra del Padre Feijóo.
La suya es una poesía romántica, descriptiva, popular. En la década de los ochenta, Filomena Dato se convirtió no sólo en una poetisa profusamente premiada sino, y sobre todo, en una de las voces más singulares del feminismo galleguista de entre siglos. De hecho es la segunda escritora, después de Rosalía, que publica un libro en gallego en el siglo XIX. El suyo era un feminismo católico y "racional", como diría Sara Ínsua, bien diferente del feminismo radical y masculino que caracterizaba a las sufragistas inglesas contemporáneas. Pero, eso sí, en sus escritos y en sus discursos se constata el protagonismo de las mujeres, especialmente de las que pertenecían a las clases populares, sobre las que escribió diversos cuadros en verso y prosa destacando sus cualidades y su difícil situación. Colaboró en diversos periódicos como El Heraldo Gallego, Galicia recreativa o el Álbum literario, donde encontramos numerosas composiciones de la autora. En 1906, año de la fundación de la RAG, fue nominada académica corresponsal junto con otras literatas contemporáneas como Carmen Beceiro, Emilia Calé, Sofía Casanova, Sarah Lorenzana, Clara Corral Aller...
NIEVE
Por blanca nevada
los campos cubiertos
parecen desiertos,
tan solos están.
¡Pobrecita del alma
que está más desierta
de nieve cubierta
de invierno y verano!
La nieve de los campos
el sol la derrite
y a veces promete
cosecha mejor,
que bajo la sábana
que tanto blanquea
el germen late
de nuevo verdor.
La nieve de la duda
que cae sobre el pecho,
matando todo seguido
los gérmenes va,
y las santas creencias
ya nunca florecen,
jamás reverdecen
en el alma en que caen.
Filomena Dato Muruais naceu en Ourense no ano 1856 morreu na Coruña en 1929.
Foi unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, non só pola amplitude da súa obra en lingua galega, senón tamén pola súa faceta como oradora en varios foros en defensa das mulleres. Galiza e a muller son temas recorrentes na obra da autora ourensá. A súa carreira literaria comezou en 1891 coa publicación do libro Follatos. Trátase dun conxunto de corenta e cinco poemas, integramente en galego. Esta obra comeza co texto "Defensa das mulleres"—exactamente o mesmo título que o Discurso XVI do Teatro Crítico e Universal (1726-1740) do P. Feixóo—, onde a autora desmonta os tópicos máis frecuentes na súa época sobre as mulleres, recorrendo a figuras como María Pita ou Rosalía de Castro. En 1887 gañou con esta composición o certame de poesía 'Cidade de Ourense' na honra do Padre Feixóo. A súa é unha poesía romántica, descritiva, popular. Na década dos oitenta Filomena Dato converteuse non só nunha poeta profusamente premiada senón, e sobre todo, nunha das voces máis sobranceiras do feminismo galeguista de entre séculos. De feito é a segunda escritora, logo de Rosalía, que publica un libro en galego no século XIX. O seu era un feminismo católico e "racional", como diría Sara Ínsua, ben diferente do feminismo radical e masculino que caracterizaba ás sufraxistas inglesas contemporáneas. Pero, iso si, nos seus escritos e nos seus discursos constátase o protagonismo das mulleres, especialmente das que pertencían ás clases populares, sobre as que escribiu diversos cadros en verso e prosa salientando as súas calidades e a súa difícil situación. Colaborou en diversos xornais como El Heraldo Gallego, Galicia recreativa ou o Álbum literario, onde atopamos numerosas composicións da autora. En 1906, ano da fundación da RAG, foi nomeada académica correspondente xunto con outras literatas contemporáneas como Carmen Beceiro, Emilia Calé, Sofía Casanova, Sarah Lorenzana, Clara Corral Aller...
NEVE (Eu púxena en galego normativo)
Por branca nevada
os campos cubertos
parecen desertos,
tan sós están.
Pobriña da alma
que está máis deserta
de neve cuberta
de inverno e verán!
A neve dos campos
o sol a derrete
e ás veces promete
cosecha mellor,
que baixo da saba
que tanto branquexa
o xérmen latexa
de novo verdor.
A neve da dubida
que cae sobre o peito,
matando de a feito
os xermes vai,
e as santas crenzas
xa nunca florecen,
xamais reverdecen
na alma en que caen.
DEFENSA D' AS MULLERES
Decim' os que crendes en Dios y
-as suas obras:
¿Cal foi d' a creacion a espréndeda coroa?
¿Cal foi a que Dios fixo a últema de todas?
¿Foi o mar...?
¿As estrelas...?
¿A luz d' a branc' aurora...?
¿Foi a estáuta de barroqu'á sua imáxe propea un alma
lle infundira intelixente y-hermosa...?
¿Foron cicais os ánxelesque pobraron a groria...?
Foi a muller que tivoa fertuna grandiosa
‘Os que negan â muller
intelixencia e talento,
a millor contestaceón
cicais que fose o disprecio.
Con esta rotundidade se manifestaba en 1887 Filomena Dato Muruais (Ourense, 1856-Moruxo, Bergondo, 1926), poeta, prosista e oradora que se significou na “Defensa das mulleres” no poema homónimo, co que gañou o certame celebrado en Ourense na honra do Padre Feijoo.
Muller moi culta, alternou con grande parte da intelectualidade do seu tempo, especialmente do seu xénero, pois no pazo familiar de Moruxo recibía con frecuencia as visitas de Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, Fanny Garrido e outras compañeiras da palabra.
Que foi unha defensora das mulleres non hai dúbida se se acode ao discurso que, como mantedora, pronunciou en 1900 nos Xogos Florais de Lugo, de marcado carácter feminista. Tanto é así que, cando finou, a tamén escritora Sara Insua lembraba dela que “vivió tan laboriosa mujer los años suficientes para presenciar el triunfo de sus dos grandes amores: el de Galicia y el de la mujer”.
No Día Internacional da Muller coido que é de xustiza lembrar a pioneiras que, como Dato Muruais, foron abrindo camiño. Recuperar o seu legado debería ser unha prioridade para todas e todos. Prediquemos co exemplo e vaia neste día tan sinalado un autógrafo da autora dedicado a Ángel Varela Gómez, propietario do xornal vigués El Independiente, que logo dirixiu tamén. Figura no único libro en galego dos catro que escribiu Dato Muruais: Follatos. Poesías gallegas, tirado do prelo ourensán da Imprenta A. Otero en 1891.
Fique, pois, como testemuño admirativo de quen foi considerada por Curros Enríquez unha das máis inmediatas sucesoras de Rosalía de Castro e figura vencellada a Sofía Casanova e Emilia Pardo Bazán ao ver de Blanco-Amor. Ela, que morreu cega pero deixou os ollos do espírito na causa que hoxe reivindicamos.
.